Saturday 18 de May de 2024

O Concello de Frades reparte máscaras reutilizables para persoas adultas e cativas en todas as vivendas do municipio


O Concello comprou outras 1.000 máscaras cirúrxicas de un so uso que pon a disposición dos veciños e veciñas que as precisen para coidar dunha persoa enferma ou ir a unha consulta médica
O Concello de Frades repartiu máscaras reutilizables a todas as persoas
adultas e cativas empadroadas no municipio, que recibiron durante esta fin de semana nos
seus domicilios. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez indica que “se houbo algún erro
no reparto e algunha persoa ou vivenda quedou sen máscara, non ten máis que chamar ao 981
695 567 e achegarémoslla ao seu domicilio”.
Así, durante a fin de semana persoal municipal repartiu nas setecentas vivendas co municipio
un paquete que incluía: unha máscara de tripla tela reutilizable para cada persoa adulta,
información sobre como utilizar e desinfectar esa máscara, un folleto informativo sobre o
coronavirus e un segundo folleto con pasatempos. A maiores, naquelas vivendas onde había
nenos ou nenas, tamén se lles entregou unha máscara de tela de cores reutilizable doada pola
Mancomunidade de Ordes, un folleto con pasatempos para a cativada e unha bolsa de
lambonadas, “como premio polo ben que o están a facer durante estas semanas de
confinamento”, apunta Rey Martínez.
Máscaras cirúrxicas
A maiores, o Concello de Frades comprou outras 1.000 máscaras cirúrxicas de un solo uso,
que están a disposición dos veciños e veciñas que as necesiten para coidar dun familiar
enfermo ou para ir a unha consulta médica ou hospitalaria. “Unhas máscaras que mercamos,
sobre todo, para o persoal do servizo de axuda do fogar, que están coidando dos nosos
dependentes e realizando unha gran labor que é digna de eloxiar sempre, pero aínda máis
nestes momentos”, sinala o alcalde de Frades.
Estas máscaras poden recollerse na casa consistorial de Frades. Aquelas persoas que non
poidan desprazárense ata aló, poden chamar ao teléfono 981 695 567 e persoal municipal
achegaranllas a casa.